GALERA PORTUGUESA “EL PATROCINIO” UNHA ESCALA INEXPERADA EN CORCUBIÓN
O 23 de xaneiro de 1820 no medio dun forte temporal de mar e vento, unha galera portuguesa facía a súa entrada na ría de Corcubión. Viña con unha forte escora sobre a banda de estribor debido ó desprazamento da carga. Na proa, que se atopaba bastante danada, non había rastro do bauprés, faltáballe tamén o pau trinquete do cal aínda quedaban restos da súa xarcia colgando polos costados, asemesmo vianse grandes desperfectos nas súas cubertas. Tras chegar ó interior da ría, o capitán mandou dar fondo preto da vila de Corcubión, á espera de ser admitido a libre plática polas autoridades de Marina. O nome desta embarcación era “El Patrocinio” e pertencía á matrícula da cidade de Oporto.
Que lle ocorreu e a onde se dirixía quedou reflexado nunha protesta de mar outorgada polo seu capitán ante Felipe Gómez del Casal, Axudante de Marina da vila de Corcubión e do seu distrito, o escribán do mesmo ramo Fernando Nicolás Fernández e de Manuel Domínguez, Viceconsúl de Portugal na vila de San Marcos. A continuación imos narrar esta aventura.
O 16 de xaneiro de 1820 a galera portuguesa “El Patrocinio”, baixo o mando do capitán Joao Gomes de Faria, atopábase no peirao de Oporto alistada, cargada e disposta para emprender navegación. Dos seus almacéns recibira partidas de viño, vinagre, augardante, cebolas e outros xéneros con destino aos portos de Río de Janeiro e Bahía no Brasil. Tamén recibira documentación para o consulado do primeiro dos portos e correspondencia varia. Largou amarras ó redor da unha da tarde de dito día aproveitando o vento favorable, as primeiras horas da navegación transcurriron sin novedad, pouco a pouco o vento foi en aumento tirando a sudoeste-oessudoeste, o que obligou ó capitán dar a orden de poñer as gavias nos primeiros rizos, e horas despois a tomar os segundos, véndose finalmente na obriga de tomar os últimos rizos de gavia e trinquete. O 17 o vento seguía do mesmo cariz, unhas veces máis bonancible e outras máis forte, obligándolle a recoller todo o trapo. O 18 seguían na mesma situación sin que o mar aumentase. O 19 o vento colleu máis forza, a gavia ía nos últimos rizos e a duras penas aguantaban os embites do temporal, véndose o capitán na obriga de mandar aferrar a metade da gavia, nese intre cando a tripulación se atopaba ocupada na manobra, faltou o bauprés que caeu ó mar quedando suspendido pola súa cabullería, rompendo ó mesmo tempo o pau trinquete que caeu sobre a cuberta levando o mar tódolos seus masteleros e as vergas que o suxeitaban. Nese incidente quedaron gravemente feridos tres mariñeiros que se atopaban na maniobra. O pau máis a vergas caidas ó mar quedaron suxeitos ó costado do buque polos seus obenques e manobra, traballando e golpeando contra el o son das ondas. Co fin de evitar que poidesen desviar do rumbo a embarcación e causar danos maiores, picáronse e deixaronse caer o mar. Ademáis o mar levoulles as pipas da aguada que ían estibadas na cuberta, un dos botes e outro quedou despezado pola caída de restos, o timón quedou inutilizado, as vigotas, jarcia de trinquete, trinchera, cavillas e chapas que cerraban o gurupez todas partidas, abríndose no combes furados de consideración. Vendo todas estas avarías e o lastismoso estado do buque e da tripulación, atopándose imposibilitados de continuar tan longa viaxe, sin paus, vergas, parte do velamen e xarcia e facendo auga, acordou xunto cos oficiais e tripulación armar unha guindola co fin de intentar recuperar o goberno do buque e ver si conseguían entrar nalgun porto próximo. Tras rematar esta maniobra con éxito e recuperar provisionalmente o goberno do buque seguiron navegando a son de mar no medio do forte temporal. O día 20 navegando nas mesmas condicións conseguiron recoñecer as costas de Galicia, divisando o día 23 un quechemarín que no medio do forte temporal seguía con dificultade a súa derrota (pode que esta embarcación fose unha das muitas baseadas na ría de Corcubión que tentaba alcanzar o abrigo das súas aguas), ao cal, por descoñecer o punto en que realmente se atopaban, solicitáronlle auxilio por medio de bandeiras, non recibindo resposta alguna, polo que se viron na obriga de tirarlle algúns cañonazos pola súa proa, á vista dos cales franquéaronlle un individuo para guialos á terra, e baixo a súa dirección poideron entrar e dar fondo nas inmediacions de Corcubión ás cinco da tarde dese día.
Trala arribada, o buque e tripulación foron postos en corentena pola Xunta de Sanidade do porto, como consecuencia da epidemia de peste que asolaba a cidade de Cádiz, e no intre que lle foi comunicada, o capitán aproveitou para informarlles verbalmente do que lles acontecera e das avarías que tiña, e que como capitán que era protestaba as veces en dereito necesarias e unha vez rematada a corentena presentaría a correspondente protesta ante o Axudante de Marina.
O día 30 foron admitidos a libre plática e comercio, o dia 31 ás nove da mañán ante o Axudante de Marina e ca asistencia do Vicecónsul de Portugal Manuel Domínguez o capitán presentou legalmente a correspondente protesta de mar, manifestando nela tódalas averías sufridas na arboladura, velamen, xarcia, casco e embarcacións auxiliares, así como a que poidese sufrir a carga, engadindo que os papeis do Consulado máis a correspondencia que transportaba deterioráranse polo contacto ca auga que entrara a bordo, aportondo nese acto como testigos o capelán, segundo piloto, ciruxán e mariñeiros, solicitando tamén o recoñocemento das averías por peritos competentes na materia. Para ditos fins foron nomeados para o recoñecemnto da xarcia, cables e velamen Diego Eiriz1 e Juan Antonio de Andrade2 experto mariñeiros e veciños de Corcubión e para o recoñecemnto do casco a Juan Trigo Rodríguez carpinteiro de ribeira e veciño de Cee.
O día 1 de febreriro volveron a comparecer ante as autoridades os testigos Joao Antonio Vizo capelán de 58 anos de idade e natural de Braga, Joaquín Gómez dos Santos segundo piloto de 26 anos, Libano Constantino Alba médico ciruxano de 19 anos, Antonio Francisco carpinteiro de 43 anos, Joaquín Fernández de Araujo de 23 anos calafate, José Francisco de 38 e Juan José da Silva de 34 anos mariñeiros, todos eles veciños de Oporto, os cales ratificaron o manifestado o día anterior polo capitán.
No mesmo día os peritos dirixíronse dende o peirao de Corcubión nunha embarcación ó punto donde se atopaba fondeado o buque para o seu recoñecemento, sendo acompañados para elo polo Axudante de Marina e o Vicecónsul de Portugal. Una vez revisado ó detalle, comprobaron que o bauprés cas súas velas, cebadera, gavias e máis cables faltaran e caerán ó mar, o pau de trinquete co seu mastelero de velacho, juanete e vergas con toda sua jarcia de maniobra e aparello tamen correra o mesmo destino tras partirse co ímpetu da tempestade faltaba tamén a vela de estay mayor, a de gavia, a de juanete e sobrejuanete e o mesmo ocorreu co mastelero de gavia, de juanete e sobrejuanete, quedando so o mastelero de juanete ca su vela e berga. A caída do trinquete sobre a cuberta causou diversas averías por la que entrou gran cantidad de agua que conseguiu entrar na bodega e causou danos na carga, asemesmo atoparon o bote mayor, a pipería e a aguada do combes arruinada, os trancaniles do peito de proa algo rendidos, os encerados das escotillas destrozados por partes e arruinados, a lancha grande que se atopaba sobre cuberta estropeada pola parte de estribor, o fogón ou cociña estropeado e falto de ambas portas, o timón averiado pola peza que o unía o casco e que conseguirase fixar provisionalmente con un cable, a vela mayor levouna e fixo pedazos o vento deixando pequenos anacos que quedaron unidos a sua verga, levando tamén a mar os dous paus das raseras, seis portas dos cañóns e os ferros dos candeleros da batayola.
Una vez coñecido o informado polos peritos, o capitán e a vez armador decidiu que as reparacións se farían en Corcubión xa que intentar saiir en demanda de outro porto nas condicicións en que se atopaban podería supoñer a perda da embarcación, da carga e poner en risco a tripulación. De continuo deu as oportunas ordes por medio do correo para que parte do material necesario para a reparación e do que non podía dispoñer na zona lle fose enviado dende Oporto, fletando para dicha operación el diate portugués “Nuestra Señora de los Dolores” del puerto de Vila do Conde.
As reparacións serían efectuadas por carpinteiros de ribeira da zona, co auxilio da tripulación.
A chegada do material demorouse ata o día 22 de marzo no que fixo a sua entrada na ría o diate portugués “Nuestra Señora de los Dolores” bajo el mando del capitán Manuel Ferreira Marabillas. Pola viaxe foron abonaos polo flete a suma de 50.000 réis e pola demora que tuvo no tempo que ficou na ría ata o desembarco total da carga outros 7.200 réis.
Trala chegada do material as reparacións colleron velocidade, reemplazando e sustituindo os materiais perdidos. Estas tarefas foron feitas por carpinteiros de ribeira da zona, os cales contrataron o persoal necesario contando tamén co auxilio da tripulación do buque.
Unha vez rematadas as reparación e reestibada a carga, a galera quedou lista para reemprender a navegación aos portos de destino e a finais de abril aproveitando ventos favorables abandonou a ría.
Non se trataba da primeira embarcación portuguesa que entraba con avarías na ría, xa que se ten constancia da entrada no mes de abril de 1776 do diate “La Sagrada Familia”, en abril de 1814 a pinaza “Nuestra Señora de la Soledad”, en Septiembre de 1817 bergantín “Actimo” victima de ataque de corsarios, en abril 1820 diate “El Restaurador”, en xaneiro de 1821 diate “Bon Felíz”, en maio e novembro de 1821 a escuna “A Concepción e Ánimas”. Tamén se perdeu por naufraxio tras varar na praia de Caldebarcos o diate “Santa Rita e Ánimas”.
Esta reparación puxo de manifesto que en tan afastado lugar, atopabanse carpinteiros de ribeira1 capaces de facer fronte a esta e otras avarías que sufrían os buques que surcaban as nosas costas e bucaban refuxio na ría de Corcubión.
Fontes:
Arquivo Histórico Universitario Santiago de Compostela. Protocolos Notariales de Corcubión. Fernando Nicolás Fernández. Ano 1820.
Labrando carballos á beira do mar. José Manuel Vázquez Lijo.
Contra el mar y el viento. Santiago Llovo Taboada
1 Nesas datas exercían como carpinteiros de ribeira no Distrito Juan Rodríguez Trigo, Andrés Gónez, Angel Pardo, Manuel de Lema, Pedro de Vigo, Juan de Vigo e Pedro Fábregas.
1 Diego Eiriz era armador e Capitán da marina mercante, mandou entre otros o bergantín “San Pedro Telmo”, os quechemarins “San Francisco y San Antonio alias Los Dos Amigos”, “San Antonio y Animas” e o “San Jose”
2 Juan Antonio Andrade figuraba no ano 1815 como capitán interino do porto de Corcubión. Foi tamén armador dos quechemarins “San Jose” e do “San Antoni y Ánimas”.
Comentarios
Publicar un comentario